Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ribadense acusado de tentar matar o seu padrasto pide unha redución de condena

O ribadense acusado de tentar matar o seu padrasto pide unha redución de condena

A Fiscalía da Audiencia Provincial pide 18 anos de prisión para o imputado, que bateu cun martelo na cabeza da vítima

O acusado senta ante o tribunal provincial lucense
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 11/09/2026 13:55

Un veciño de Ribadeo, de 33 anos, sentou no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo, polos delitos de lesións e asasinato en grao de tentativa. Segundo o escrito da acusación, en decembro de 2024 bateu na cabeza do seu padrasto cun martelo cando se encontraba na casa da súa nai, á que tamén agrediu no peito. A súa proxenitora sufriu un traumatismo torácico, mentres que a parella dela puido sobrevivir a un traumatismo cranioencefálico.

"Aparentemente non había móbil. Estaban relaxados na súa vivenda, ese día, vendo a televisión tranquilamente, cando Eric se levantou e golpeou cun martelo o seu padrasto sen vir a conto, sen nada que o incitase a facelo", sinala Marcos García Muruais, avogado da acusación particular. 

A Fiscalía solicita para o acusado penas que suman 18 anos de cadea, ademais do pagamento de máis de 50.000 euros ao padrasto do presunto agresor. Pola súa parte, a acusación particular pide 22 anos e eleva a contía das indemnizacións ás vítimas, incluída unha menor presente, a case 80.000 euros.

"Pedimos 15 anos de cárcere, ademais de orde afastamento, e tamén pedimos, pola nai, que saíu afectada ese día, outros cinco anos de prisión", indica García Muruais. 

Tocante á defensa, o letrado pide que se reduzan as penas a 3 anos e 6 meses de prisión en base a unha eximente incompleta por esquizofrenia paranoica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade