Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega a Galicia unha masa de aire cálido africano

Chega a Galicia unha masa de aire cálido africano

En Pontevedra e Ourense os termómetros mesmo poderán superar os 30º C

Santiago prepárase para as Festas da Ascensión máis cálidas que se recordan

Galicia queda baixo a influencia dunha masa de aire cálido
G24.gal 07/05/2024 15:28 Última actualización 07/05/2024 17:22

En Santiago xa está todo preparado para as Festas da Ascensión, e este ano o sol está asegurado, pero para algúns vai ir calor de máis.

 "Si, é que se vai moita calor véndense menos churros, o churro véndese se fai este día así fresquiño, coa calor non, coa calor véndese pouco, máis ben véndense os xeados", comenta unha churreira.

Se se cumpren as previsións, será a Ascensión máis cálida da serie histórica, cos termómetros marcando os 28 graos. Algúns veciños opinan que "non é un tempo normal" e que non se espera "unha calor tan excesiva", culpando o "cambio climático", mentres que outros agradecen a chegada do sol tras os días de choiva.

As temperaturas van subir de forma notable grazas ao anticiclón situado ao norte da península.

 "Un anticiclón situado durante gran parte desta semana ao norte da Península Ibérica que ademais permite a chegada dunha masa de aire cálida africana", apunta Ana Lage, meteoróloga de Meteogalicia.

Onde máis se vai notar o ascenso térmico será nas provincias do sur.

"Si, efectivamente, aí quedarán sobre os 30 ºC ou mesmo localmente poden superar eses 30, especialmente no val do Miño", continúa Ana Lage.

O venres haberá xa algún cambio con treboadas no interior e néboas costeiras. A partir do sábado a masa de aire cálido comeza a retirarse e a vindeira semana xa non será igual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos