Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a Cangas o barco que rescatou os sobreviventes do Villa de Pitanxo

Chega a Cangas o barco que rescatou os sobreviventes do Villa de Pitanxo

A Garda Civil estivo no peirao para instruír dilixencias

G24.gal 20/03/2022 14:16

Rematou en Cangas a marea máis dura para o Playa de Menduíña 2 e a súa tripulación, que rescatou os sobreviventes do Villa de Pitanxo en Terra Nova.

Atracou ante a emoción de mariñeiros e familias no peirao de Frigoríficos do Morrazo, en Cangas, onde ten a base.

Un mes despois, puideron, por fin, abrazar os seus. O equipo xudicial da Garda Civil estaba no peirao para recibir os mariñeiros e a embarcación, que chegaba o 19 de febreiro a porto no Canadá cos tres sobreviventes e os corpos de sete dos mariñeiros vítimas mortais do naufraxio.

Membros da comisión de investigación que intentará desvelar as circunstancias que causaron o afundimento tamén estiveron no porto de Cangas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade