Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a Baiona a Fórmula 1 dos multimillonarios da vela

Chega a Baiona a Fórmula 1 dos multimillonarios da vela

G24.gal 18/05/2022 15:48

A vila de Baiona acolle nuns días a primeira proba que se disputa no norte de España da exclusiva 52 Super Series, un circuito privado da vela en que participan grandes fortunas do mundo. Son equipos internacionais que percorren o planeta con embarcacións deseñadas só para competir e que están entre as máis rápidas deste deporte. 

Alejandro Retolaza, vicepresidente do Monte Real Club de Iates de Baiona, pasou por Zona mixta na Radio Galega para contalo:

“Cada barco custa oito millóns de euros, son todos de carbono, con velas enormes, e poden chegar a alcanzar os 25 nós, que é como ir en terra a 250 km/h, así que son como os Fórmula 1 do automobilismo, só valen para competir”.

“É un grupo de multimillonarios que mercan barcos de alto nivel e fichan os mellores regatistas do mundo”.

“Teñen vilas e pazos alugados porque veñen coa familia e van pasar dez días aquí navegando e gozando”.

“Levamos dous anos intentado traelos por vez primeira ao norte de España”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade