Caída de servizo global de ChatGPT, Claude, Grok e Gemini
Segundo DownDetector, que é o portal que monitoriza as incidencias nas plataformas de intelixencia artificial, milleiros de usuarios notificaron interrupcións no servizo en máis de 70 países
Andre M. Chang/ZUMA Press Wire
As plataformas de intelixencia artificial ChatGPT (desenvolvida por OpenAI), Gemini (Google) Claude (Anthropic) e Grok (SpaceXAI) sofren este xoves unha caída a nivel global, segundo o portal especializado DownDetector.
De acordo con esta plataforma, que monitoriza este tipo de incidencias, miles de usuarios notificaron interrupcións no servizo dos chatbots en máis de 70 países. A plataforma con máis afectados foi ChatGPT. Os datos desta mesma web revelan que o 80% dos problemas comunicados están relacionados directamente co chatbox
Pola súa banda, a páxina oficial de estado do sistema de OpenAI mostra un aviso que indica que actualmente está "a experimentar problemas" e que hai "erros graves en ChatGPT e Codex".
"Aplicamos as medidas correctivas e estamos a supervisar a recuperación", anota a mensaxe da web.
Mentres, a web de estado do sistema de Claude sinala: "Erros elevados en varios modelos".
"Implementouse unha solución para Claude Mythos 5.1, Claude Fable 5.1 e Claude Opus 5, e estamos a monitorizar a súa recuperación. Os únicos modelos afectados actualmente son Opus 4.8 e Opus 5", di a mensaxe.
En canto a Grok rexistrou case 1.500 incidencias e Gemini case medio cento.