Brais Méndez: "Nin nos meus mellores soños pensei neste inicio de Liga de Campións"
O centrocampista de Mos da Real Sociedade marcou por terceira xornada consecutiva e deulle a vitoria ao seu equipo
O Real Madrid gañou na veciña Braga (1-2) e o Sevilla perdeu na casa co Arsenal (1-2)

O Real Madrid mantén o pleno de triunfos na Liga de Campións. Suma nove puntos en tres xornadas e pode certificar o pase aos oitavos de final na seguinte xornada, con dúas de marxe.
Visitaba a veciña Braga e gañou por 1-2. Encamiñou o triunfo cun gol de Rodrygo, que levaba tempo buscando atopar meta.
⚽️Rodry𝐆𝐎𝐋
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 24, 2023
El brasileño rompe su sequía adelantando al Real Madrid en Braga. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/cC2OuKxDwZ
E na segunda parte, Bellingham seguiu co seu idilio co gol marcando o segundo. Leva tres partidos de Champions e tres goles.
𝑬𝒍 𝒑𝒓𝒊𝒏𝒄𝒊𝒑𝒊𝒐 𝒅𝒆 𝒂𝒍𝒈𝒐 que ya es una realidad.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 24, 2023
Bellingham 🤍 Real Madrid #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/MkMlHEU153
Parecía un camiño cómodo o que lle quedaba ata o final, pero o español Álvaro Djaló meteu presión acurtando diferenzas e o Real Madrid acabou pedindo a hora.
A Real Sociedade é primeira de grupo
A Real Sociedade de Brais Méndez sumou unha vitoria en Lisboa contra o Benfica que a deixa moi ben colocada para a segunda parte da fase de grupos, cando ten que recibir o propio equipo lisboeta e o Salzburgo en Anoeta.
O único gol do partido marcouno o xogador galego no minuto 62, o terceiro nesta edición da Liga de Campións noutros tantos partidos.
"Nin nos meus mellores soños pensei neste inicio de Liga de Campións. Oxalá seguir así para meternos en oitavos"
💡Brais Méndez encuentra 𝐃𝐚 𝐋𝐮𝐳 y enciende a la Real Sociedad.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/qwLvWK3r8W
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 24, 2023

Complicado para o Sevilla
Máis complicada está a situación para un Sevilla que perdeu na casa fronte ao Arsenal (1-2). Chave foi o gol de Martinelli no engadido do primeiro tempo.
Todos queremos un amigo como Gabriel Jesús.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 24, 2023
Lo que hace el brasileño para habilitar a Martinelli vale mucha pasta...#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/iurHXLCzsB
Na segunda metade, Gabriel Jesus anotou o segundo. Reaccionaron os de Diego Alonso co gol de Gudelj, pero o marcador xa non se volvería mover. O Sevilla xogará a clasificación contra o Lens e o PSV, aos cales deberá gañar.