Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cesáreo Pardal: "Este ano podemos superar os 6 millóns de turistas en Galicia"

Cesáreo Pardal: "Este ano podemos superar os 6 millóns de turistas en Galicia"

O presidente do Clúster do Turismo cifra a ocupación media na ponte en Galicia entre o 90 e o 100 %

G24.gal 14/08/2022 18:05 Última actualización 14/08/2022 19:15

O presidente do Clúster de Turismo de Galicia explicaba este domingo nunha entrevista na Radio Galega que a ocupación media nesta ponte en Galicia sitúase entre o 90 e 100 %. Hai establecementos que colgaron o cartel de completo en localidades da costa e tamén en destinos do interior como a Ribeira Sacra.

Cesáreo Pardal fai fincapé tamén nas cifras récord de peregrinos, con xornadas en que chegan a Compostela 5.000 ao día. A este ritmo calcula que se pode pechar o ano con máis de seis millóns de turistas.

Pardal avanza que as reservas para o mes de setembro van a bo ritmo, pero toma os datos con prudencia dada a situación económica actual:

 "Tampouco sabemos se esas reservas do mes de setembro se van ir cancelando porque vai depender moito da situación económica que teñamos e as noticias que nos dean"

Nesta liña, constata que xa hai turistas que están acurtando a súa estadía ante a incerteza económica e láiase de que os prezos no sector medraron entre un 2 e un 7 % nun momento en que a inflación está disparada por riba do 10 por cento. Explica que nesas circunstancias, malia as altas cifras de turistas que chegan á comunidade, as ganancias dos establecementos acabarán sendo menores este ano ca en 2019.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade