Cargando resultados...
Centos de portugueses fan cola en Feces para botar combustible
A diferenza de prezo oscila entre os 15 céntimos e os 25 por litro en diésel ou gasolina entre os dous países
David Fernández
27/10/2021 15:17
Dende primeira hora da mañá, o movemento de coches na gasolineira de Feces de Abaixo, a menos dun quilómetro da fronteira, é continuo. E se miran para as matrículas xa se sabe de onde chega a inmensa maioría.
A diferenza dos prezos do combustible entre España e Portugal é moi importante e por iso lles compensa encher o depósito en Galicia e chegan tantos. E de paso que veñen responder moitos levan tamén a bombona, aforran máis de dez euros.
As fins de semana aínda son maiores as esperas para botar gasolina, pero polo aforro, din, paga a pena.