Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas maniféstanse na Coruña para esixir máis recursos para Sanidade

Centos de persoas maniféstanse na Coruña para esixir máis recursos para Sanidade

A marcha foi convocada polos sindicatos con representación na Comisión do CHUAC

Tamén acudiron os líderes da oposición Ana Pontón e Valentín González Formoso

G24.gal 20/01/2022 21:15

Unha manifestación na Coruña en defensa da Sanidade pública percorreu as rúas da cidade. A marcha, convocada polos sindicatos con representación na Comisión do CHUAC, o Complexo Hospitalario Univesitario da Coruña, partiu co lema "Sen persoal non hai Sanidade" e busca esixir máis traballadores no ámbito sanitario.

A manifestación comenzou na Casa do Mar e rematou no Obelisco. Tamén acudiron os líderes da oposición Ana Pontón e Valentín González Formoso.

Entre outras reivindicacións, piden a cobertura das ausencias ao 100 % a xornada completa, unha maior previsión e organización na atención primaria e un aumento de dotación de prazas estruturais nas áreas administrativas, máis profesionais e avaliación das necesidades materiais dos centros.

A Comisión denuncia desde o pasado verán a falla de recursos e o estado de esgotamento físico, emocional e mental dos profesionais dos centros de saúde da área sanitaria coruñesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade