Celta B e Deportivo, os equipos máis en forma da 1.ª RFEF
Celta B e Deportivo, os equipos máis en forma da 1.ª RFEF
O filial celeste sumou seis vitorias e un empate nas sete últimas xornadas
O Deportivo colócase a só dous puntos do ascenso directo
Terceira vitoria consecutiva do Celta B, o equipo máis en forma da categoría. Con xogadores namorados co gol, como Javi Rodríguez, un lateral con ficha aínda no terceiro equipo, que leva tres en cinco partidos co filial.
O seu gol decidiu un derbi igualado e fai que os de Claudio Giráldez sumen 19 dos últimos 21 puntos en xogo nunha xeira que os catapultou ata postos de promoción de ascenso, sen perder a perspectiva.
A derrota mantén o Pontevedra nunha situación crítica, penúltimo a seis puntos da salvación.
Algo máis conseguiu o Deportivo. Á súa vitoria agónica fronte ao Mérida hai que engadirlle os resultados dos rivais directos que o benefician. Os empates do Alcorcón, Castilla, Córdoba e Racing de Ferrol permítenlles aos coruñeses dar un importante salto e situarse a só dous puntos do liderado.