Cargando resultados...
Celta B e Coruxo apostan forte polo fútbol de ataque (5-3)
Partido espectacular de pretemporada no que ao descanso o resultado xa era de 3-3
G24.gal
13/08/2022 12:54
O Celta B e o Coruxo agradaron aos afeccionados que se achegaron por Barreiro cun amigable de clara aposta polo fútbol de ataque. O marcador fala ás claras: 5-3.
Comezou o filial celeste moi atinado, con tres goles no primeiro cuarto de hora. Marcaron Raúl Blanco, Carrique e Pablo Durán. A reposta do Coruxo foi inminente. Á media hora xa tiña empatado o encontro grazas aos tantos de Pitu, Antonini e Luismi.
Acabou impoñéndose o Celta B con dous goles (Raúl Blanco e Iker Losada) nun segundo tempo de menor ritmo por mor dos trocos que fixeron os dous adestradores.