Andriu aparece no último intre para deixar o Coruxo a un paso da permanencia
Vitoria do cadro vigués, ao que lle abonda un empate no campo do Guijuelo para manterse na 2ª RFEF
Un gol de Andriu no minuto 85 deixa o Coruxo rozando a permanencia. Abóndalle con sumar un empate na última xornada contra o descendido Guijuelo para garantir a súa presenza a vindeira tmeporada na 2ª RFEF.
Tivo que gañarlle ao Raio Cantabria, o mellor equipo da categoría os dous últimos meses. Partido moi serio do equipo de Javi Pereira que apenas sufriu achegamentos do filial santanderino ao longo dos noventa minutos. Custoulle fabricar oportunidades pero chegou o seu momento no minuto 67 cando o equipo visitante quedou con dez por expulsión de Carrascal.
Os últimos vinte minutos foron de acoso dun Coruxo que atopou o premio á insistencia nunha acción a balón parado culminada por Andriu, un dos capitáns e fundamental esta campaña con cinco goles. No engadido o Raio Cantabria rematou con nove pola expulsión de Samu.