Cargando resultados...
O Coruxo fai os deberes e seguirá na 2ª RFEF (0-2)
Serrano e Pereiro marcaron na primeira media hora do partido e sentenciaron a permanencia do equipo vigués, que só precisaba un empate
G24.gal
04/05/2025 14:29
O Coruxo cumpriu co seu cometido e manterase nunha categoría na que compite de xeito ininterrumpido desde o ano 2010. Precisaba un empate no campo do descendido Guijuelo e acabou gañando por 0-2. O partido tivo historia na primeira media hora, o que tardou o Coruxo en marcar os dous goles. Serrano anotou no 10 e Dani Pereiro marcou no 33 o segundo á saída dun córner. A partir dese intre non houbo partido. Ao Coruxo interesáballe un encontro de ritmo baixo no que non pasara nada e o Guijuelo baixara os brazos había unhas xornadas cando se certificou o seu descenso á 3ª RFEF.