Emoción e celtismo na entrega da medalla de ouro por 50 anos como socios
A presidenta Marián Mouriño agradeceu o compromiso aos seis afeccionados que levan co club desde a temporada 1974-75
Na tarde deste mércores o Real Club Celta entregou oito insignias de ouro aos abonados que fixeron 50 anos como socios celestes. No acto, celebrado no estadio de Balaídos, ademais da presidenta tamén estiveron os capitáns do primeiro equipo tanto masculino como feminino. Iago Aspas, Fran Beltrán, Carl Starfelt ou Iván Villar non se quixeron perder o acto.
José Antonio Portela, Carlos Domínguez, Omar Vázquez, Manuel Pereira, Manuel Pose e Carmen Docampo foron os seis celtistas que estiveron en Balaídos recollendo a insignia de ouro, un acto que Marián Mouriño cualificou como "un dos máis emocionantes que podemos facer polo que simbolizan estes afeccionados de amor polo club".