Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celebrouse o día grande da Romaría da Virxe do Corpiño

Celebrouse o día grande da Romaría da Virxe do Corpiño

Festéxase cada 24 de xuño porque tal foi a data da última aparición da Virxe

É o santuario máis visitado de Galicia

G24.gal 24/06/2024 21:08 Última actualización 24/06/2024 21:28

Celebrouse o día grande dunha das máis famosas romarías de Galicia, a da Virxe do Corpiño, en Lalín. O seu santuario é o máis visitado de Galicia, con 150.000 persoas que acoden ao longo do ano para pedir saúde e quitar os meigallos.

O lugar ten o nome do Corpiño porque aí estivo soterrado hai máis de mil anos o corpo incorrupto dun ermitán que fomentaba o culto á Virxe María.

E hai case mil anos sucedéronse unha serie de aparicións da Virxe. A última delas foi un 24 de xuño, por iso se celebra nesta data o día grande da Romaría da Virxe do Corpiño.

Ademais, procedeuse ao peche da porta santa e á clausura do Ano Santo Mariano, que o papa concedeu ao santuario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos