Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celanova despide o Entroido co sábado de piñata

Celanova despide o Entroido co sábado de piñata

O desfile suspendeuse, pero houbo animación de rúa

O Equipo A, de entroido en Celanova
G24.gal 05/03/2022 20:57

Cando a maior parte de Galicia xa deixou atrás o Entroido, hai vilas que se resisten a despedilo. En Celanova celebraron esta tarde o sábado de piñata. Non houbo desfile, pero a praza volveuse encher de disfraces.

O sol acompañou e, co mosteiro de San Rosendo de fondo, Celanova serviunos un anticipo da feira de abril. Encantados de que os plans saian ben, o Equipo A ao completo sumouse ao festexo:

"Nada, que como andamos en busca e captura e dixéronnos que hoxe era o último sitio con Entroido, o mellor do mundo, Celanova, pois viñemos aquí porque estamos tranquilos, ninguén nos vai seguir", sinala un do grupo.

O sábado de piñata, despedida do Entroido, é o día do gran desfile en Celanova. Este ano suspendeuse pola covid e notouse no ambiente. Para os máis festeiros queda aínda unha cita: o domingo de piñata en Xinzo, a traca final do Entroido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar