Cargando resultados...
Cedric guía o Celta B ao triunfo no tempo engadido
G24.gal
16/04/2022 19:26
O Celta B acadou unha importante vitoria no estadio do Prado de Talavera, que lle dá arestora un colchón de catro puntos nos postos de promoción.
O equipo vigués adiantouse cunha cabezada de Lauti xa na segunda metade. Tivo algunha ocasión máis, pero acabou concedendo o empate a vinte minutos da conclusión.
Marcou un vello coñecido, o galego David Añón, logo dun saque de banda. E cando a igualada parecía definitivo, no tempo de compensación, Cedric establecía o 1-2 que deixa ao Celta B a dous puntos do Rácing tras a derrota de onte co Zamora.