Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cayetano Rivera sae ileso tras esnafrarse co seu vehículo contra unha palmeira

Cayetano Rivera sae ileso tras esnafrarse co seu vehículo contra unha palmeira

O suceso aconteceu esta pasada noite na localidade sevillana de Alcalá de Guadaíra

G24.gal 10/11/2025 12:28

O toureiro Cayetano Rivera resultou ileso dun accidente de tráfico tras impactar o seu vehículo contra unha palmeira en Alcalá de Guadaíra (Sevilla), tal como confirmaron fontes municipais.

O suceso tivo lugar esta pasada noite e foron os bombeiros de Alcalá quen interveu liberando un vehículo que quedara atrapado nunha rotonda tras chocar coas palmeiras que había na mesma, como informan nas súas redes sociais.

A rotonda está xunto á entrada da urbanización Sevilla Golf, preto de Montequinto, e como consecuencia do sinistro viario non hai que lamentar danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade