A Xunta activa o plan especial por risco de inundacións por choivas intensas desde este martes
Tamén activa para este martes unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra
A Secretaría Xeral para o Deporte avanzou tamén a suspensión da actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados
A comarca de Valdeorras pide solucións urxentes ante a chegada da chuvia
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o plan especial para o risco de inundacións en Galicia (Inungal) en fase de preemerxencia polas choivas que se prevén na comunidade.
Así, tal e como trasladou o 112, prevese un fenómeno meteorolóxico adverso por precipitacións en 12 horas de nivel amarelo, que afectará principalmente as provincias da Coruña e de Pontevedra durante o martes e o mércores desta semana.
#Alertas112⬆️🏞️
— 112 Galicia (@112Galicia) November 10, 2025
A @Xunta activa o Plan #Inungal polas vindeiras chuvias na Comunidade.
➕https://t.co/yydfkoiq46
🔻
🔻
🔻
La @Xunta_c activa el Plan #Inungal por las próximas lluvias en la Comunidad.
➕https://t.co/8rVdHqPyhb pic.twitter.com/Wh7tFt1bpO
Ante esta situación, Emerxencias lembrou que se deben adoptar as medidas preventivas necesarias e alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.
Alerta laranxa no litoral
Ademais, a Xunta activou para este martes unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra.
Por este motivo, a Secretaría Xeral para o Deporte avanzou tamén a suspensión da actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados.
En concreto, a suspensión abarca desde as 09:00 horas do martes ás 09:00 horas do mércores. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde este martes no noroeste, oeste e suroeste da costa coruñesa e tamén nas Rías Baixas e no Miño, no litoral de Pontevedra.
Espérase vento do sur ao suroeste con ata forza 8 e mar combinada do oeste ou suroeste con ondas de ata seis metros.
Por todo iso, a Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompeolas e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.