Publicador de contidos

Publicador de contidos

Difícil proceso de identificación das vítimas do incendio de Crans Montana, en Suíza

Difícil proceso de identificación das vítimas do incendio de Crans Montana, en Suíza

A maior parte das vítimas son mozos de Suíza, Francia e Italia

Candeas en homenaxe aos mozos falecidos no incendio do bar A Constelación
G24.gal 03/01/2026 14:22

Especialistas da policía seguen traballando no interior e nos arredores do bar A Constelación, onde esta fin de ano morreron polo menos 40 persoas, a maior parte delas mozos moi novos. Tratan de entender o porqué dun incendio que en cuestión de minutos atrapou centos dos asistentes á festa.

Os dous donos do local, situado na famosa estación de esquí suíza de Crans Montana, xa declararon diante da policía e da fiscal que leva o caso, pero saíron sen cargos polo momento e coa única obriga de estar localizables.

O lume, ao parecer, produciuse polo contacto das bengalas coa espuma do teito.  Polo momento hai 40 mortos confirmados, a maior parte deles de nacionalidade suíza, francesa e italiana. O estado de moitos dos cadáveres fai imposible a identificación inmediata, polo que hai que recorrer ás análises de ADN, que atrasan un proceso que está resultando moi duro para os pais e familiares que agardan noticias dos seus.

Esta é a última foto que teño do meu fillo, dúas horas antes de que marchase para o bar. Se o viron nos hospitais, ou no depósito, xa sexa vivo ou morto, por favor... díganmo. Non sei a gravidade das súas queimaduras, non sei se é recoñecible, non o sei. O único que quero é atopar o meu fillo, quero atopar o meu fillo, di Laetitia Brodard-Sitre, nai dun mozo desaparecido.

Tamén lenta é a identificación de moitos dos 119 feridos que permanecen nos hospitais, xa que moitos deles están inconscientes e vendados.

Nas proximidades do bar queimado, a xente deposita candeas en homenaxe ás vítimas da traxedia, mentres a estación de esquí de Crans Montana reabriu este venres as súas portas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade