Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan sen vida o veciño de 77 anos desaparecido en Oleiros

Localizan sen vida o veciño de 77 anos desaparecido en Oleiros

O equipo de drons da Axega localizou o corpo contra o mediodía

O home que padecía alzheimer foi visto por última vez o pasado martes, 30 de decembro 

G24.gal 03/01/2026 14:13 Última actualización 03/01/2026 14:44


O equipo de drons da Axega, a Axencia Galega de Emerxencias atopou contra o mediodía o corpo do veciño de Oleiros de 77 anos cuxa desaparición foi denunciada o pasado martes, 30 de decembro en Oleiros. Estaba a un quilómetro do punto limpo de Sada. 

O home fora visto por última vez ao redor das 13.00 horas á altura do número 20 da rúa Díaz Baliño, segundo detallou o Concello de Oleiros a través das súas canles oficiais. A persoa desaparecida padecía alzheimer. 

Nos labores de búsqueda participaron efectivos da Garda Civil, a Policía Local, os bombeiros de Oleiros e voluntarios de Protección Civil, aos que se sumaron medios aéreos e un can de rastrexo. 

Como coas batidas realizadas até o momento non se logrou dar con este veciño de Oleiros, os equipos de procura centráronse esta mañá na zona de Sada. Concretamente hoxe realizáronse batidas por Meirás no limite co Concello de Oleiros.

Desde o Concello de Sada agradecen toda a colaboración cidadá realizada na busca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade