Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro novas patrulleiras sumaranse á loita contra o narcotráfico no Campo de Xibraltar

Catro novas patrulleiras sumaranse á loita contra o narcotráfico no Campo de Xibraltar

A asociación profesional Xustiza para a Garda Civil (JUCIL) pide que o Congreso investigue o asasinato de dous axentes en Barbate

G24.gal 23/02/2024 12:33

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, anunciou hoxe que se incorporarán catro novas patrulleiras aos medios do servizo marítimo de Vixilancia Aduaneira no Campo de Xibraltar.

A vicepresidenta asegurou que non se van escatimar medios para combater a eiva do narcotráfico. "Con toda a contundencia que podamos", subliñou.

Nese sentido, anunciou que dúas das novas patrulleiras incorporaranse este mesmo verán aos medios de Vixilancia Aduaneira, organismo dependente do Ministerio de Facenda, en augas do Estreito de Xibraltar. 

JUCIL pide ao Congreso unha investigación sobre a morte de dous axentes en Barbate

A asociación profesional Xustiza para a Garda Civil (JUCIL) pediu este venres que o Congreso abra unha comisión de investigación sobre a morte de dous axentes en Barbate (Cádiz) e que emprenda cambios lexislativos para dotar de maior protección xurídica aos axentes policiais no desempeño das súas funcións, "incluído o uso de armas de fogo".

JUCIL presentou no Congreso dos Deputados un informe no que "reúne o cúmulo de carencias de medios e de persoal que desembocaron na orde" de que, o pasado día 9, "cinco" axentes embarcasen "nunha pequena zodiac" para tentar identificar e deter, xa de noite, aos tripulantes de seis potentes narcolanchas que se refuxiaran do temporal no porto de Barbate moitas horas antes.

Agora a asociación reclama que o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, "quen non asumiu a súa responsabilidade nos acontecementos que desembocaron no asasinato de dous gardas civís", polo menos "teña a valentía suficiente para acudir voluntariamente ao Congreso dos Deputados para explicar, na Comisión de Interior, a súa versión do ocorrido no porto desta localidade gaditana".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade