Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro feridos tras o choque de dous turismos en Padrón

Catro feridos tras o choque de dous turismos en Padrón

G24.gal 28/07/2022 21:30

Catro persoas mancáronse e tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital A Rosaleda como consecuencia do choque entre dous coches no municipio coruñés de Padrón.

O accidente produciuse no punto quilométrico 75 da N-550, sobre as 14:00 horas.

Foi un particular o que contactou nese momento co 112 Galicia para avisar do sinistro.

Segundo indicaba, as persoas implicadas no accidente puideron abandonar os vehículos polos seus propios medios.

O persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Padrón e dos Bombeiros de Boiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade