Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro asaltos na mesma noite en igrexas da comarca do Deza

Catro asaltos na mesma noite en igrexas da comarca do Deza

Os vándalos só causan danos nas portas que forzan, ante a ausencia de cartos ou obxectos de valor

G24.gal 25/03/2022 14:19

A vaga de asaltos ás igrexas do Deza non deixa máis que danos nas portas e desorde.

Luís Galego leva máis de 40 anos á fronte da igrexa de Santiago de Taboada, ao pé do Camiño de Santiago, e xa sufriu varios roubos. Desta volta, o balance do que levaron é mesmo ridículo, segundo explica, 3,65 euros.

Para levar ese botín puxeron patas arriba a sancristía e, o que é peor, forzaron a porta de entrada, que custou reparar máis de 100 euros. Na igrexa de Ponte, outro botín exiguo e máis danos no edificio. "Fixeron máis dano na porta porque usaron unha pata de cabra", di o cura, que engade que tamén levaron unha cadea, bañada en ouro, que tiña unha imaxe da virxe colgada. Ademais, unha cantidade duns 13 euros.

E algo similar tamén fixeron na igrexa de San Pedro de Losón, en Vila de Cruces, e na lalinense de Prado. Actos vandálicos que ninguén se explica e que non benefician a ninguén. Todos os asaltos foron xa denunciados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade