Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catas e degustacións de produtos galegos no mercado de abastos de Santiago

Catas e degustacións de produtos galegos no mercado de abastos de Santiago

'Na túa despensa, o mellor de Galicia'

Campaña promocional do Clusaga con catas e degustacións no mercado de Santiago

As degustacións son na Nave 6 do mercado de abastos de Santiago
G24.gal 12/09/2023 15:06

Viños, cafés, castañas, queixos, embutidos, conservas... son produtos galegos que non poden faltar nunha despensa ben nutrida. Galicia ten para dar e tomar, e por iso o Clúster Alimentario realiza por primeira vez unha campaña conxunta para promover produtos galegos.

 "Poñer en valor a materia prima dos produtos galegos, os procesos produtivos que hai nas fábricas das nosas empresas, e con todo isto o que facemos é reforzar a marca Galicia", explica Belén Vázquez, coordinadora da área de mercados do Clusaga.

Dende hoxe e ata o vindeiro martes, o mercado de abastos de Santiago habilitou na nave 6 un espazo gastronómico a modo de despensa con catas e degustacións de todos estes produtos.

 "Probamos o queixo de tetilla e outro queixo de San Simón".

 "Despois de probar hai cousas interesantes".

 "Moitas ganas de comprar o produto galego", comentaban algúns dos asistentes á cata.

Pois ese é un dos obxectivos, que a xente encha a despensa con eles.

 "Fixemos fotos dalgúns dos produtos que máis nos interesaban e agora comezaremos a busca".

Paralelamente haberá demostracións culinarias. Hoxe comezaron coa castaña.

 "O que fixemos aquí foi amosar os seus usos culinarios, que ás veces son descoñecidos", apunta Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía.

Ninguén vai marchar do mercado coas mans baleiras.

 "Estamos dándolles tamén un agasallo ás persoas que nos visitan en que levan un lote de produtos das distintas marcas para que poidan xa ir enchendo esa despensa na súa casa e que logo queremos que sigan enchendo ao longo de todo o ano a través das distintas canles nas que poidan adquirir os produtos das nosas marcas", conta Belén Vázquez, responsable da área de mercados do Clusaga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar