Publicador de contidos

Publicador de contidos

Castro Tubío: "Co dobre de investimento poderíanse curar o 70 % dos tumores"

Castro Tubío: "Co dobre de investimento poderíanse curar o 70 % dos tumores"

O científico da USC lembra que unha de cada tres persoas vai ter a doenza ao longo da súa vida

G24.gal 24/09/2022 13:03 Última actualización 24/09/2022 13:53

Este sábado, 24 de setembro, celébrase o Día Mundial da Investigación contra o Cancro, unha data que serve para poñer de relevo o traballo silencioso do persoal científico que leva anos buscando solucións a esta enfermidade tan complexa. 

José Castro Tubío, premio nacional de Investigación en Cancro, considera que sería factible chegar ao 70 % de curación dos tumores nun prazo razoable co dobre de investimento. Nunha entrevista no informativo Bos Días, da TVG, asegura que na actualidade xa teñen cura o 57 %.

"Duplicando o que se está a investir en investigación contra o cancro, poderíase chegar a un 70 % de cura dos tumores nun prazo razoable, en quince ou vinte anos", explica.

Segundo lembra o director do grupo Xenomas e Enfermidade do CIMUS da USC, unha de cada tres persoas vai ter cancro ao longo da súa vida polo que é unha doenza que lle vai tocar, dun xeito ou doutro, a todo o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade