Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castrín marca en propia porta e o Lugo perde por cuarta xornada seguida

Castrín marca en propia porta e o Lugo perde por cuarta xornada seguida

O equipo de Trashorras mantense con 40 puntos logo de perder no campo do filial do Barcelona

G24.gal 21/04/2024 18:04

O Lugo sumou a cuarta derrota consecutiva pero deu unha boa imaxe no Johan Cruyff diante do filial do Barcelona. Decidiu un gol na propia porta de Andrés Castrín a un cuarto de hora do final. 

O Barcelona Atlétic xogaba manter as opcións de ascenso directo e comezou o partido xerando boas ocasións nas botas de Pau Víctor. Respondeu o Lugo que tivo o gol logo dun erro do central Faye que a piques estivo de aproveitar Ledesma. O primeiro tempo acabou dun xeito accidentado coas lesións do local Mbacke e do visitante Javi Vázquez. 

Na segunda metade os de Trashorras discutíronlle o control do coiro a todo un Barcelona. Parecía que o partido estaba controlado polo Lugo sen sufrir en defensa ata que chegou a xogada desafortunada que lle custou o gol. De aí ao final botouse o Lugo ao ataque pero o seu acoso non tivo o froito do gol. Mesmo Aranda pediu un penalti na última acción do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos