Casimiro: "UCAM Murcia é un dos equipos máis sólidos da liga"
O Breogán necesita mellorar o rebote defensivo
Luis Casimiro, adestrador del Río Breogán, alertou este venres do momento de forma que atravesa o UCAM Murcia, ao que visitan este domingo.
“Na ACB están moi sólidos cun balance de 5 vitorias e unha soa derrota. Este ano están a xogar con moito ritmo, algo que non tiñan en anos anteriores. Este ano as súas transicións ataque-defensa son vertixinosos, están a xogar con máis tiros. E logo está a complexidade táctica que sempre teñen os equipos de Sito”, analizou.
O técnico breoganista tamén destacou que o equipo universitario asimilou “perfectamente” quedar fóra da liga de Campións (BCL) e ter que competir na FIBA Europa Cup.
“Agora mesmo é un dos equipos máis sólidos da competición. Por diante temos un reto bastante grande porque gañar na súa pista sempre é moi difícil e este ano, ademais, están a xogar moi ben”, incidiu.
Casimiro ten claro que o seu equipo necesita mellorar o rebote defensivo:
“É un reto e así llo estamos trasladando ao equipo. Necesitamos ser máis sólidos nesa faceta porque moitas veces é máis tema de concentración e de boa técnica individual para facer un bo peche do rebote”.