Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casimiro quere xogar en Europa: "Equilibra o equipo e optas a outro mercado"

Casimiro quere xogar en Europa: "Equilibra o equipo e optas a outro mercado"

O técnico do Breogán pediu á súa xogadores "ambición" para tentar despedir a tempada cun triunfo ante a súa afección

Foto Breogán
G24.gal 23/05/2025 15:31 Última actualización 23/05/2025 15:38

Luis Casimiro pediu á súa xogadores "ambición" para tentar despedir a tempada cun triunfo ante a súa afección, aínda que entende que é difícil que os seus xogadores salten á pista coa mesma "tensión competitiva" que os do Gran Canaria porque "eles están a unha vitoria de conseguir matematicamente o playoff".

“Cando nós fomos a Gran Canaria estabamos moi necesitados e eles posiblemente non nos tiñan tan en conta porque eramos o último equipo da clasificación. Poderían pensar que sería máis sinxelo e, con todo, iso fíxonos poder competir e gañar. Neste caso eu creo que é ao contrario”, apuntou.

A Casimiro encantaríalle xogar en Europa.

"É bo, estabiliza o xogo, equilibra o equipo con partidos, optas a outro mercado".

"O nivel da BCL é superior á Eurocup, polos equipos e polo sistema de competición".

Finalmente, o adestrador do Breogán confesou que lle gustaría reter á maioría dos xogadores do actual equipo, aínda que asume que non será fácil “polo mercado” que van ter algúns deles.

“Pola nosa banda estamos a facer todos os esforzos necesarios ata onde podemos chegar como club, agora imos esperar a resposta que teñen os xogadores”, concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar