Case 700 familias acolleronse as axudas para correxir os impactos paisaxísticos no rural
Son axudas por 3.000 euros, o 70 % financiado pola Xunta
Este ano dobrouse o importe global das axudas e ascende a 2 millóns de euros
Ángeles ensina como quedou a corte tras cambiarlle o tellado. Mellorou a imaxe exterior, pero tamén a calidade de vida das súas vacas.
"Está mellor illado tanto para o frío como para a calor", di Manuel Varela que reformou varios alpendres coas axudas da Xunta para mellorar a contorna da súa propiedade.
A corte non foi o único que cambiou, tamén melloraron o secadoiro que teñen para os produtos da matanza.
"Estaba en lousa e fixemolo en madeira, tamén puxemos un illante e cambiamos o tellado", engade Manuel Varela.
Nunhas fotos podemos ver os cambios. Todas as edificacións auxiliares reformáronse coas axudas para corrixir impactos paisaxísticos.
"E para facer contornas máis amables, agradables que un se sinta agusto no lugar onde vive, facer unha Galicia incluso máis renaturalizada, onde empreguemos materiais que non sexan impactantes", explica a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
Son axudas por 3.000 euros, o 70 por cento financiado pola Xunta. Manuel e Ángeles levan varios anos botando man delas para mellorar a contorna da súa propiedade. Este ano concedéronse case 700 e duplicouse o importe global, que ascende a 2 millóns de euros. Lugo foi a provincia máis beneficiada.