Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casado dá positivo en covid nun test de antíxenos

Casado dá positivo en covid nun test de antíxenos

O líder do PP traballará illado esta próxima semana

G24.gal 02/01/2022 20:54

O líder do PP, Pablo Casado deu positivo nunha proba de antíxenos realizada despois de estar en contacto directo cun contaxiado. Durante a próxima semana traballará illado como informa el mesmo na súa conta de Twitter.

"Non teño síntomas e seguirei o procedemento establecido traballando illado esta semana. Coidádevos moito", explica na mensaxe.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez respondeu á mensaxe tamén na rede social, na que lle desexou que se restableza.

Aproveitou para chamar a atención sobre a protección ante a pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar