Cargando resultados...
Carteiros rurais reclaman unha compensación pola suba do combustible
Denuncian que reciben a mesma cantidade dende o 2011
G24.gal
02/07/2022 18:30
Carteiros rurais concentráronse este sábado en Santiago para reclamar unha compensación económica pola suba do combustible. A diario fan o reparto cos seus vehículos particulares e reciben a mesma cantidade por facelo desde o ano 2011, 23 céntimos por quilómetro.
Aseguran que son máis de 800 os que traballan en Galicia no rural. Poden chegar a facer máis de 100 quilómetros diarios, parando en cada casa. E cada día os gastos do reparto son máis altos. Reclámanlle á dirección de Correos unha actualización da achega por combustible.