Publicador de contidos
Publicador de contidos

Darias alerta do aumento do risco de morrer ou entrar na UCI de non ter a vacina

Darias alerta do aumento do risco de morrer ou entrar na UCI de non ter a vacina

A ministra de Sanidade asegura que os non vacinados de entre 60 e 79 anos teñen 20 veces máis posibilidades de falecer pola covid

O risco de entrar na UCI elévase ata 30 veces para os non vacinados na mesma franxa de idade

G24.gal 08/01/2022 19:17

Os datos sobre a protección da vacina falan por si mesmos e a titular de Sanidade cualifícaos como "contundentes". Carolina Darias visitaba este mediodía un centro de vacinación na localidade cacereña de Plasencia na compaña do presidente de Estremadura e alí referiuse ao informe que acaba de presentar o Centro de Alertas do seu ministerio:

"Hai diferenzas entre persoas vacinadas e non vacinadas no tramo de 60 a 79 anos. As persoas non vacinadas teñen 16 veces máis probabilidades de ingresar nun hospital ca as non vacinadas, ten 20 veces máis posibilidades de falecemento unha persoa non vacinada ca unha persoa vacinada e nada máis e nada menos que 30 veces máis posibilidades de ingresar nunha UCI unha persoa non vacinada ca unha persoa vacinada. Os datos son contundentes".

A ministra insistiu en non baixar a garda coa vacinación ante as dúbidas que poidan xurdir co avance imparable desta sexta onda da pandemia:

 "A vacinación é o punto de inflexión. É a ferramenta, é a arma máis potente que seguimos tendo para loitar nesta pandemia. Demostrouse desde o principio, cando tivemos as vacinas, que é o punto de inflexión; marca a diferenza entre as persoas vacinadas e as persoas non vacinadas".

Darias defendeu tamén as decisións adoptadas por Sanidade en relación coa corentena nas aulas educativas, aludindo a que son o resultado do asesoramento de expertos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar