Cargando resultados...
Carlos Vicente: "Mantívose o bloque, somos un equipo sólido e con personalidade"
Carlos Vicente: "Mantívose o bloque, somos un equipo sólido e con personalidade"
Os ferroláns están invictos e lograron oito de doce puntos posibles
G24.gal
05/09/2023 13:46
Última actualización 05/09/2023 15:53
O Racing comezou a temporada de xeito espectacular. Mantén o ritmo e a forma da pasada campaña malia o salto de categoría. Carlos Vicente explica os motivos:
"Notas a diferenza nas primeiras xornadas. O salto é claro. Pouco a pouco adaptámonos ben".
Os ferroláns están invictos e lograron oito de doce puntos posibles:
"Estamos facendo ben as cousas. Mantívose o bloque. Somos un equipo sólido e con personalidade".
"Atrás estamos sendo seguros, e iso dá moitos puntos".
O próximo rival será o filial do Vilarreal na Malata.