Cargando resultados...
Carlos Carvalhal ten unha oferta para continuar no Celta
Será o adestrador no centenario do club
G24.gal
13/04/2023 12:04
Última actualización 13/04/2023 12:10
O normal é que Carlos Carvalhal siga en Balaídos e que sexa o adestrador do Celta no ano do centenario. O técnico de Braga ten unha oferta. Descoñecemos se é por unha temporada ou se é cun contrato de longa duración.
Cando Carlos Carvalhal dirixiu ao Braga no ano do centenario bracariense, logrou o titulo de copa portuguesa. Carvalhal chegou a Vigo en novembro e mudou a traxectoria do Celta.