Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz devora o Masters 1000 de Madrid

Carlos Alcaraz devora o Masters 1000 de Madrid

Logo de eliminar a Rafa Nadal e Novak Djokovic, hoxe superou na final o alemán Alexander Zverev con claridade (6-3,6-1)

G24.gal 08/05/2022 19:37

Segundo Masters 1000 con 19 anos. De promesa xa pasou a realidade. Carlos Alcaraz realizou un magnífico Mutua Open de Madrid e proclamouse campión logo de deixar no camiño a estrelas como Rafa Nadal, Novak Djokovic e hoxe Alexander Zverev (actual campión do torneo).

Alcaraz en apenas unha hora rematou co tenista alemán, gañoulle o primeiro set 6-3 e dominou de principio a fin o segundo 6-1. O murciano deixou outra exhibición espectacular do seu tenis e non deu ningunha opción o seu rival.

Segue acrecentando a súa figura a pasos de xigante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade