Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz derrota a Djokovic e métese na final do US Open

Carlos Alcaraz derrota a Djokovic e métese na final do US Open

O murciano cítase con Sinner nunha final que vai camiño de ser un clásico do tenis

Foto: EFE
G24.gal 06/09/2025 09:36

Carlos Alcaraz acadou a clasificación para a final do Aberto dos Estados Unidos. Xogará a súa terceira final dun grande no que vai de ano logo de superar, en só tres sets, a Novak Djokovic.

A lenda serbia pouco puido facer diante do empuxe de Alcaraz e só foi capaz competirlle no segundo set, que se decidiu na morte súbita. 6-4 e 6-2 foron os resultados dos outros parciais a prol de Alcaraz.

Igual que nas dúas finais precedentes, en Roland Garros e Wimbledon, o seu rival será o italiano Jannick Sinner, que precisou 4 sets para derrotar o canadense Alliassime. A final terá ademais un valor engadido. O gañador será o tenista número un da clasificación mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade