Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcaraz machuca a Bellucci e sacode as pantasmas da segunda rolda en Nova York

Alcaraz machuca a Bellucci e sacode as pantasmas da segunda rolda en Nova York

En terceira rolda, Alcaraz enfrontarase ao italoarxentino Luciano Darderi

Foto EFE
G24.gal 28/08/2025 11:04 Última actualización 28/08/2025 11:12

Carlos Alcaraz machucou este mércores ao italiano Mattia Bellucci para avanzar á terceira rolda do Aberto dos Estados Unidos e sacudiuse as pantasmas da súa sorprendente derrota, a estas alturas do torneo o ano pasado, ante o neerlandés Botic van de Zandschulp.

Alcaraz, número 2 do mundo, pasou por encima de Bellucci (número 65) por 6-1, 6-0 e 6-3 nunha hora e 36 minutos. En terceira rolda, Alcaraz enfrontarase ao italoarxentino Luciano Darderi, número 34 do mundo. Nacido en Villa Gesell (Bos Aires, A Arxentina), Darderi compite baixo bandeira de Italia.

Alcaraz e Bellucci enfrontáronse só unha vez. Foi en 2020 en Manacor (Mallorca), nun torneo para novas promesas antes de dar o salto ao circuíto ATP. O murciano tiña 16 anos e o italiano 18. O resultado foi de 6-2 e 6-1.

"Nese momento non recoñecín o seu nome", confesou Bellucci nunha entrevista. 

"Perdín 6-2 e 6-1. Foi un partido moi difícil e non mo esperaba, pero agora xa o coñezo mellor!".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar