Cargando resultados...
Alcaraz vence a Lehecka e volve a unhas semifinais en Nova York
O español terá como rival a Novak Djokovic, que derrotou a Taylor Fritz en catro sets
Foto EFE
G24.gal
03/09/2025 11:43
Última actualización 03/09/2025 11:50
O español Carlos Alcaraz derrotou este luns ao checo Jiri Lehecka por 6-4, 6-2 e 6-4 en cuartos de final do Aberto dos Estados Unidos e regresou, dous anos despois, a unhas semifinais en Nova York.
Alcaraz medirase en semifinais a Novak Djokovic que venceu a Taylor Fritz (número 4) con parciais de 6-3, 7-5, 3-6 e 6-4 en 3 horas e 24 minutos.
Coa súa clasificación, Djokovic xogará as semifinais dos catro Grand Slam de 2025.