O Obradoiro derrota 87-84 un Porto que foi case todo o partido por diante
Barcello (16) e Grela (13) foron os máximos anotadores dos locais
Os partidos de pretemporada son bancos de probas para ir afinando a posta a apunto e conxuntando todas as pezas. O resultado é o de menos, pero entre gañar e perder sempre é mellor o primeiro. E o Monbus Obradoiro volveu anotarse un triunfo nun final apertado, a cara ou cruz.
Tras perder o primeiro tempo, a segunda parte foi a da reacción, cimentada nunha mellor defensa. Alonso Grela e o pivote Álex Galán prenderon a mecha da remontada coa súa garra, apertando os dentes e contaxiando. O base volveu aproveitar os seus minutos para completar un expediente sobresaliente. En defensa é un chinche e cumpre ao nivel dos mellores. E esta vez achegou 13 puntos, incluídos tres triplos, que valeron ouro.
Tamén mellorou Westermann respecto ao amigable de Vilagarcía, no que quedou en branco na anotación. Foise ata os 11 puntos, entre eles tres triplos. Por esa vía, á que se sumou un errático Sergi Quintela na segunda metade, compensou o Obradoiro o gris día dos seus artilleiros, sobre todo Barrueta, que quedou en cinco puntos. Barcello, que levaba trece ao descanso, quedou en 16.
Os de Epi gañaron 87-84 e a próxima fin de semana o Obradoiro xogará a Copa Galicia.