Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marco Garcés afirma que teñen "o equipo máis caro da historia do club"

Marco Garcés afirma que teñen "o equipo máis caro da historia do club"

Garcés confirmou que durante o verán recibiron ofertas por Swedberg, Starfelt e Mingueza

Fixo “unha alusión moi especial” ao canteirán Óscar Marcos, xogador da Celta Fortuna, porque rexeitou “unha oferta multimillonaria”

Foto Celta
G24.gal 02/09/2025 12:46 Última actualización 02/09/2025 12:53

O mexicano Marco Garcés, director deportivo do Celta, afirmou este martes que o actual equipo celeste é “o máis caro da historia” da entidade presidida por Marian Mouriño.

“Pechamos o equipo máis caro da historia do club, co corpo técnico máis nutrido na historia do club. Sen menosprezar ao equipo do ano pasado, creo que a actual é máis completa e máis redonda”, declarou en conferencia de prensa.

O técnico Claudio Giráldez pedira nas últimas semanas a incorporación de “unha guinda” para pechar o persoal tras as incorporacións de Ionut Radu, Ferran Jutglá, Bryan Zaragoza, Ilaix Moriba e Borja Iglesias.

“A guinda para min foi conservar o pastel. Tivemos que resistir ofertas importantes por xogadores importantes, que se constitúen como parte fundamental. E aquí aproveito para agradecer a eses xogadores que resistiron esas ofertas por manterse no Celta”, revelou.

Neste sentido, fixo “unha alusión moi especial” ao canteirán Óscar Marcos, xogador da Celta Fortuna, porque rexeitou “unha oferta multimillonaria” para quedar no filial celeste.

“Iso que vin con Óscar Marcos non sucede no mundo actual, e a min gustaríame poñelo en valor”, indicou o director deportivo celeste.

Tamén confesou que a venda de Fer López ao Wolverhampton veu motivada por “unha necesidade económica”. Garcés confirmou que durante o verán recibiron ofertas “por Swedberg, Starfelt e Mingueza”, e non descartou a saída do arxentino Franco Cervi e o central ganés Joseph Aidoo nos próximos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade