Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o Rally Terras de Galicia con triplo empate

Comeza o Rally Terras de Galicia con triplo empate

O galego Jorge Cagiao, Gil Membrado e o ruso Semenov calcaron o tempo no treito espectáculo de Arteixo

Mañá, ás 16.15 e ás 19.00 , 2 treitos en directo pola TVG2

G24.gal 05/09/2025 22:54

Máxima igualdade no comezo da primeira edición do Rally Terras de Galicia. Gil Membrado, que ten a oportunidade de gañar o Campionato de España de Rallys de Terra, acadou un tempo de 1.46.8 no treito espectáculo disputado no circuíto de autocross de Arteixo. A sorpresa é que a dupla galega formada por Jorge Cagio e Javi Martínez, e o ruso Semenov, calcaron o tempo do piloto catalán. 

Mañá comezará a acción co tramo de Cerceda ás 8:32. Será unha xornada de sábado con 8 treitos cronometrados, dos cales, ás 16:00 (TC6 - Bértoa) e ás 19.00 (TC8 - Bértoa) poderanse seguir en directo pola TVG2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar