Breogán-COB e Leyma-Obradoiro, semifinais da Copa Galicia de baloncesto
Moitos focos postos en Diego Epifanio, que regresa á Coruña
Prepara o Coliseum o arranque da Copa Galicia cos catro grandes do baloncesto galego. O máis grande, o Breogán, o favorito. Xogará a primeira semifinal diante do COB
"Se non nos desen como favoritos empezaríame a preocupar. A traballar coa máxima ambición".
O adestrador cobista Moncho López quere que os seus compitan, aínda que asume a diferenza de nivel entrambos
"Canto máis cedo na preparación, máis difícil xogar ante un ACB".
A outra semifinal pon en escena a rivalidade entre o renovadísimo Leyma Coruña e o reforzado Obadoiro. Os dous co obxectivo de volver canto antes á ACB. Agárdase un partido intenso
"O primeiro partido semellaba que non era amigable. Faranos ser máis competitivos aos dous equipos".
Moitos focos postos en Diego Epifanio, que regresa á Coruña, á que foi a súa casa nos últimos tres anos. Agarda un reencontro feliz
"Foron uns anos marabillosos. Teño moitos amigos, é unha ledicia volver á miña casa".
A festa no baloncesto galego está a punto.