Cargando resultados...
Breogán e Basquet Coruña á final da Copa Galicia
O Breogán superou con claridade ao COB por 108 a 75
Vitoria do Basquet Coruña 83 - 72 ante o Obradoiro
G24.gal
05/09/2025 23:46
Non houbo sorpresa na primeira semifinal da Copa Galicia de Baloncesto entre o Breogán e o Clube Baloncesto Ourense. Os da cidade da muralla mandaron no marcador dende os primeiros intres do xogo e acadaron o pase a final. Un pouco máis iguada estivo a outra eliminatoria entre o Basquet Coruña e o Obradoiro, pero a vitoria quedou na casa.
Mañá, ás 20:00, poderase seguir a gran final pola TVG2.