Carlos Alcaraz comeza con forza en Roland Garros
Derrotou o arxentino Londero en tres sets (6-4, 6-2, 6-0)
O máis negativo da xornada foi a derrota de Garbiñe Muguruza en primeira rolda

Carlos Alcaraz comezou con forza na primeira xornada de Roland Garros. O tenista murciano derrotou ao arxentino Londero en tres sets: 6-4, 6-2 6-0. Custoulle na primeira manga que foi igualada ata que no décimo xogo Alcaraz conseguiu rachar o servizo do seu rival. A partir dese intre foi todo máis doado concedendo únicamente dous xogos nos seguintes sets.
Tamén superou a primeira rolda Albert Ramos (6-4, 4-6, 6-4, 7-6) logo de vencer ao Australiano Kokkinakis. Jaume Munar tamén acadou o triunfo contra o alemán Daniel Altmaier en catro sets e Bernabé Zapata impúxose a Mmoh en tres sets (7-6, 6-3, 7-5).
No lado negativo estivo a lesión de Davidovich, que gañou o primeiro set pero acabou abandonando no cuarto. E, sobre todo, no cadro feminino a derrota de Garbiñe Muguruza, decepcionando unha vez máis nun grande (2-6, 6-3, 6-4)