Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carballo celebra ata o domingo o Rexenera Fest

Carballo celebra ata o domingo o Rexenera Fest

O festival internacional de arte urbana fai dez anos

G24.gal 05/06/2023 21:38

En Carballo viven inmersos nunha nova edición do Rexenera Fest, o festival internacional de arte urbana, que fai dez anos. 

O artista sevillano Alberto Montes inspírase na natureza alá por onde vai. No Rexenera Fest crea un mural de chorimas, follas de carballo ou castiñeiro que contemplou paseando á beira do río Anllóns.

Desta volta, o festival internacional de arte urbana de Carballo ten como epicentro o barrio da Lagoa.

Seis son os artistas convidados. Veñen de México, Bélxica, Salamanca e Zaragoza. E está tamén o galego Maz. En dez anos de historia, o Rexenera pasou de ser un experimento urbano e social a converterse nun referente nos foros internacionais.

O Rexenera Fest continúa ata o domingo cun programa de actos que inclúe concertos e rutas guiadas por unha galería de arte urbana que conta con máis dun cento de obras de gran formato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade