Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caos no espectáculo da Panorama nas festas do barrio ourensán do Couto

Caos no espectáculo da Panorama nas festas do barrio ourensán do Couto

Máis de 10.000 persoas ateigaron a rúa Dalí para asistir ao concerto

Moitos asistentes din que se viviron situacións de risco

Dende o Concello de Ourense din que, malia que se superaron todas as previsións, había un ampla despregadura de seguridade e que en ningún momento houbo perigo

G24.gal 18/05/2022 14:15 Última actualización 18/05/2022 14:36

A comisión de festas do Couto agardaba como moito unhas 2.000 persoas, con máis de 10.000 asistentes multiplicáronse todas as expectativas, ninguén contaba con tal marea de xente para ver a Panorama. Moitos asistentes din que viviron situacións de risco e algún mesmo optou por abandonar o concerto.

Dende a propia orquestra, o seu cantante, Lito Garrido, di que e a mostra de civismo do público foi exemplar, pero que nunca viron nada igual, houbo que parar o espectáculo por recomendación da Policía Local para pedir moita precaución.

"Levo 40 anos e xamais me pasou algo igual, que eu tiverse que coller o micro e dicir que por favor non entrase máis xente porque realmente non se podían mover, o susto foi grande".

No Couto celebran que non acontecese ningún problema e alégranse do pulo que estas festas lle deron ao barrio. Sobre todo a hostalaría e ao comercio.

A comisión de festas do Couto e o Concello de Ourense aseguran que había catro lugares de evacuación, unha ampla despregadura policial e dos servizos de emerxencia e que en ningún momento a seguridade dos asistentes correu risco.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade