Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras de rehabilitación converten nun caos a avenida de Portugal en Ourense

As obras de rehabilitación converten nun caos a avenida de Portugal en Ourense

Os residentes e comerciantes desta rúa do barrio do Couto están indignados pola demora dos traballos

Din que levan máis dun ano sufrindo obstáculos, lixo, ruídos e moitas molestias

Para os peóns é un perigo e os coches non poden pasar; as perdas dos negocios por mor das obras son incalculables

G24.gal 25/02/2026 13:22

As obras de rehabilitación da avenida de Portugal, en Ourense, traen de cabeza os residentes. Denuncian que despois dun ano non avanzan e que sofren ruídos, lixo e un auténtico caos. Os comerciantes da rúa aseguran que as perdas que están sufrindo son incalculables.

A principal avenida do barrio ourensán do Couto leva paralizada e chea de obstáculos dende que o ano pasado comezaron as obras de humanización. Din os veciños que sofren buracos, lixo, falta de accesos a vivendas e negocios e un auténtico caos.

Un desastre que, ademais da veciñanza, os que máis sofren son os negocios, con importantes perdas.

Un perigo para os peóns, entre os que incluso hai ata quen cambia de calzado para transitar polo lameiro.

Os afectados denuncian ademais que as obras apenas avanzan e que estiveron tempo paradas.

O Concello de Ourense, preguntado por esta situación, non respondeu cales son os motivos da demora e que prazos barallan para a fin destas obras interminables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade