Campos chega a Vigo para pechar o dianteiro e acelerar a saída de Denis
O dianteiro do Lyon Toko Ekambi, ex do Vilarreal, é un xogador do agrado de Carvalhal
Luis Campos chega a Vigo para pechar as operacións do mercado no Celta. A petición de Carvalhal é un dianteiro que se poida adaptar a varias posicións de ataque. Nese perfil encaixa á perfección Karl Toko Ekambi.
O internacional camerunés xoga no Olimpique de Lyon e esta temporada perdeu peso goleador no equipo pero acredita cifras superiores aos dez goles por campionato. A súa adaptación á Liga sería rápida, porque xogou dúas temporadas no Vilarreal (18-20) con bo rendemento. De feito, no seu día e antes de volver a Francia falábase de que era un xogador moi do agrado de Iago Aspas.
Pero para que haxa unha entrada ten que haber unha saída que libere masa salarial. Todas as olladas se dirixen a Denis, cunha oferta do Español. A negativa de Mouriño é rotunda desde o verán. Haberá que ver se Campos convence o presidente de que o mellor para todas as partes é unha saída en forma de cesión na que o Celta aforre a alta ficha do de Salceda de Caselas.