Publicador de contidos

Publicador de contidos

Campo Lameiro é a Capital do Turismo Rural deste 2023

Campo Lameiro é a Capital do Turismo Rural deste 2023

A veciñanza enteira agarda que o título lle dea máis visibilidade ao concello pontevedrés

Xa notaron un aumento dos visitantes só coa campaña da votación

Un dos máis de 80 petróglifos do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
G24.gal 06/05/2023 15:30 Última actualización 05/05/2023 20:51

O concello pontevedrés de Campo Lameiro, capital galega da arte rupestre, suma desde esta semana un novo título e unha nova razón para visitalo. Campo Lameiro é a Capital do Turismo Rural deste 2023. Concedéronlle o galardón os usuarios dun coñecido portal de aloxamentos rurais.

É o primeiro concello galego que o consegue.

Das máis de cen mil votacións recollidas na sétima edición do certame que impulsa o portal Escapada Rural, case unha quinta parte, o 16,9 por cento, elixiu Campo Lameiro en dura pugna coa vila abulense de Candeleda e entre outros 70 concellos de toda España.

A armadanzas de todo foi Elena Souto, veciña e xerente dun aloxamento rural que presentou a candidatura do seu concello, convencida de que ben o merece. Coñecémola nesta reportaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade